Este blogue comeza a súa andaina no curso 2021-2022. Os recortes de profesores no noso Centro, levan a que non dispoñamos dun profesor especialista de plástica e, en concreto, que a materia de Debuxo Técnico II de 2º de Bacharelato deba ser impartida polo Departamento de Tecnoloxía, que tamén se debe facer responsable do Departamento de Educación Plástica e Visual.
Os contidos da materia estarán accesibles tanto neste blogue como nas aulas virtuais de Google Classroom e de Moodle da materia de Debuxo Técnico II do IES. "Chano Piñeiro".
De novo un saúdo e benvid@s ao novo Curso.
O profesor: Manuel Andújar Matalobos.

0 Comentarios